Tarefa 1. Fontes e patrimonio


Patrimonio

Para falar do Patrimonio, convén identificar unha serie de conceptos cos que traballaremos máis para adiante:


  • As tecnoloxías ao servizo do patrimonio: Ferramentas científicas creadas polo avance tecnolóxico que a través do seu uso favorecen o proceso de difusión de coñecemento e comunicación turística para garantir a accesibilidad ao patrimonio cultural e promover a culturización da cidadanía nacional e estranxeira. O coñecemento cultural fomenta a protección cidadá. (Carretón, 2016)
  • Bens de interese cultural: Son aqueles bens mobles, inmobles e inmateriais máis singulares do patrimonio cultural dunha zona territorial en concreto, que o caracteriza e que teñen unha riqueza cultural e estética. Un ben pode ser declarado ben cultural ao pasar por un proceso de lexislación. (Comunidad de Madrid)
  • Cultural landscapes: lugares naturais que foron afectados ou influenciados por acción humana. Pode ser de calquera extensión e representar a identidade cultural dunha nacionalidade en concreto. Teñen un valor estètico e cultural relevante. (The Cultural Landscape Foundation)
  • Gobernanza participativa: Proceso gobernamental onde se cede parte do poder e adóptase un novo modelo de xestión, onde os cidadáns e os políticos comparten responsabilidades e as decisións son tomadas por comunidades. É unha responsabilidade compartida no proceso de toma de decisións. (Sani, 2016)
  • Paisaxes culturais: Paisaxes de características singulares que merecen ser protexidos pola administración grazas aos seus valores culturais. É indiferente que sexan formacións naturais ou creacións artificiais, xa que os dous proporcionan un valor cultural e estético na construción intelectual e cidadá dos cidadáns residentes (e visitantes). (Junta de Andalucía)
  • Patrimonio cultural: Conxunto de recursos materiais ou inmateriales herdados do pasado, que son parte da construción histórica dunha nación e que as persoas consideran como un reflexo e unha expresión dos seus valores e raíces nacionais. Son resultado da interacción das persoas e os lugares. (Carretón, 2015)
  • Patrimonio histórico: Conxunto de recursos materiais herdados do pasado, que ilustran unha tradición herdada e que se reproducen nunha identidade común ou compartida por un conxunto de persoas. (Carretón, 2015)
  • Patrimonio natural: Conxunto de bens e riquezas naturais ou ambientais, que a sociedade herdou das súas antecesores e que teñen unha participación na construción de identidade nacional no individuo. (Fundación ILAM)
  • Smart cities: Un sistema complexo e interconectado que utiliza as novas tecnoloxías para a xestión e administración gobernamental, como o transporte público e privado ata o uso eficiente dos recursos energéticos ou hídricos, protección civil ou aspectos socio-económicos que favorecen o proceso automatizado e agilizan o fluxo citadino e burocrático, asì como tamén a comunicación de incidencias de habitantes e visitantes, fomentando o feedback e a atención ao cliente para un posterior avance naqueles aspectos que non funcionaban correctamente. (Rueda Cruz, 2017)
  • Sostenibilidade: Responsabilidade colectiva que busca satisfacer as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras de satisfacer as súas propias necesidades, a través dunha organización cidadá-administrativa que permita mediante a cooperación e a defensa do interese xeral reformular as relacións dos grupos humanos entre si e co medio ambiente. (Fernández Buey, 2004)
  • Territorio: Extensión de terra que pertence a un estado, provincia ou outro tipo de división política
  • World heritage: Lugar cultural ou natural que foi recoñecido pola UNESCO. Lugares que son preservados grazas ao seu valor universal para a humanidade, para o presente e futuras xeracións. (McKendrick)


    • Identificar trazos do Ano Europeo do Patrimonio Cultural



Parte 1: Obxectivos do ano


O Patrimonio Cultural ten un gran valor educativo e social, condensa un gran potencial
económico e ten una gran dimensión na cooperación internacional, converténdose nun
legado non só nun legado do pasado, senón que se transforma nun recurso do futuro.
Este ano celebrase para fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural, para
sensibilizar acerca da historia e valores comúns e reforzar o sentimento de pertenza a un
espazo común en Europa.
Este evento promoverá o patrimonio como elemento fundamental para a diversidade
cultural e o diálogo intercultural, aportaralle os mellores medios para garantir a
conservación e salvagarda do patrimonio cultural de Europa, potenciando de mesmo xeito a
aportación do patrimonio cultural a economía e converténdoo nun medio interrelacionador
de países.
Exemplos de estes patrimonios Europeos son a dieta mediterránea, as arquitecturas góticas
de España e Polonia...
Este ano implementarase de xeito paralelo en toda Europa e beneficiará tanto a
infancia/xuventude como aos profesionais do patrimonio Cultural (e obviamente ao público en xeral), e os actores somos todos, un a un de cada habítante da unión. Cada estado designará un coordinador nacional que se encargará de identificar que os proxectos e actividades respondan aos obxectivos do Ano, tanto nos ámbitos de alcance e impacto como de relevancia e adecuación. Este ano significará un esforzo conxunto das institucións europeas, destacando departamentos como educación e cultura, RTD, etc...
Para a implementación do ano europeo a escala unión, a comisión estará asistida por un comite de representantes de organizacións asi como a UNESCO, ICCROM e o Consello Europeo.
En canto as iniciativas, destacamos campañas de comunicación, como a webm encostas, identidade visual, etc así como varios eventos citados posteriormente.
As dez iniciativas máis importantantes promovidas por este ambicioso proxecto agrúpanse en catro sectores obxectivos:


  • Compromiso

1. Patrimonio compartido
2. Patrimonio na escola
3. Xuventude para o Patrimonio
  • Valor

1. Novos usos do patrimonio
2. Turismo e Patrimonio
  • Protección

1. Protexer o patrimonio
2. Patrimonio en risco
  • Innovación

1. Competencias en materia de patrimonio
2. Patrimonio para todos
3. Ciencia para o patrimonio

Isto sería o englobe total da proposta do ano europeo do patrimonio cultural, que promete apostar pola aproximación de todas e todos a este mundo tan presente e as veces tan alonxado.


ENLACE DIRECTO Á CARPETA DE FOTOGRAFÍAS DE BENS CULTURAIS DE SANTIAGO: https://drive.google.com/drive/u/1/folders/1_tJvQKB7CFIkxctWstV6lXcSzfXfdxrS



REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
CARRETÓN, Adrián. Las nuevas tecnologías al servicio del patrimonio cultural [en liña]. Patrimonio Inteligente, última actualización: 1 de septiembre de 2016 [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://www.patrimoniointeligente.com/las-nuevas-tecnologias-al-servicio-del-patrimonio-cultural/
---. ¿Patrimonio cultural o patrimonio histórico? [en liña] Patrimonio Inteligente. Última actualización: 11 de enero de 2015 [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://www.patrimoniointeligente.com/patrimonio-cultural-o-patrimonio-historico/
COMUNIDAD DE MADRID. Bienes del patrimonio histórico de la Comunidad de Madrid [en liña][consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://www.madrid.org/cs/Satellite?c=CM_InfPractica_FA&cid=1354256252545&language=es&pagename=ComunidadMadrid%2FEstructura&pv=1114187830002
FERNÁNDEZ BUEY, Francisco. Filosofía de la sostenibilidad [en liña]. Universitat Pompeu Fabra, septiembre de 2004 [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: https://www.upf.edu/materials/polietica/_pdf/sosfilosofiasostenibilidad.pdf
FUNDACIÓN ILAM. Los diversos patrimonios [en liña] [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://ilam.org/index.php/es/programas/ilam-patrimonio/los-diversos-patrimonios
GOVERNMENT OF SOUTH AUSTRALIA. What is world heritage? [en líña] National Parks South Australia [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://www.environment.sa.gov.au/naracoorte/world-heritage/what-is-world-heritage
JUNTA DE ANDALUCÍA. La sostenibilidad o sustentabilidad como [r]evolución cultural, tecnocientífica y política [en liña]. Consejería de Educación y Conocimiento [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en:  http://www.oei.es/historico/decada/accion.php?accion=1
---. Paisaje cultural [en liña]. Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico.
Consejería de Cultura [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://www.iaph.es/web/canales/patrimonio-cultural/paisaje-cultural-andalucia/que-son-los-paisajes-culturales.html?mobile=false
McKENDRICK, Fiona. What is a world heritage site? [en liña]. National Trust [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: https://www.nationaltrust.org.uk/features/what-is-a-world-heritage-site
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE.  Año Europeo de Patrimonio Cultural [en liña] [consulta: 28 de febreiro de 2018] Dispoñible en: http://www.mecd.gob.es/cultura/areas/patrimonio/mc/patrimonio-union-europea/a-europeo-patrimonio.html
RUEDA CRUZ, María. ¿Qué son las ‘smart cities’? [en liña]. BBVA.
Actualizado: 23 de febrero de 2017 [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible
en: https://www.bbva.com/es/las-smart-cities/
SANI, Margherita. La gobernanza participativa del patrimonio cultural [en liña]. Istituto per i Beni Artistici, Culturali e Naturali de la Región Emilia-Romaña, septiembre de 2016 [consulta: 5 de
marzo de 2018]. Disponible en: https://observatoriosociallacaixa.org/-/la-gobernanza-participativa-del-patrimonio-cultural
THE CULTURAL LANDSCAPE FOUNDATION. About Cultural Landscapes [en liña] [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: https://tclf.org/places/about-cultural-landscapes
XUNTA DE GALICIA. Cultura de Galicia. Bienes de interés cultural [en liña] [consulta: 5 de marzo de 2018]. Dispoñible en: https://www.cultura.gal/es/bienes-interes-cultural-0


RESÚMENES PATRIMONIO CULTURAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


ASOCIACIONISMO COMPOSTELÁ. Concello de Santiago de Compostela [en líña]. [consulta: 1 de marzo de 2018]. Dispoñible en: http://santiagodecompostela.gal/facendo_cidade/facendo.php?txt=fc_asociacionismo&lg=cas
Rexistro de asociacións do concello de Santiago de Compostela que abarca: ANPAS, Asistenciais, Culturais, Deportivas, Veciñais, Mocidade, Muller, ONG, Profesionais, Terceira Idade.


EUROPEAN COMMISSION. Creative Europe [en líña] [consulta: 7 de marzo de 2018] Dispoñible en: https://ec.europa.eu/programmes/creative-europe/
Programa macro da Comisión Europea para apoiar os sectores Cultural e Audiovisual.
Da continuidade aos anteriores programas Cultura e Medio. Ten un presuposto de 1.460 millóns de euros. Respaldará os sectores culturas e creativos de Europa. Realízanse distintas iniciativas nos distintos ámbitos de cultura, media, e intersectorial. Os seus obxectivos son axudar aos sectores cultural e creativo a aproveitar as oportunidades da era dixital. Lograr que estes sectores realicen o seu potencial económico e contribúen ao crecemento sostible, o empleo e a cohesión social.
Exemplos de financiacións: a 2500 artistas e profesionais da cultura. A 2000 salas de cine, a 800 películas. Poden participar os países integrantes da Unión Europea, así como outros fóra desta como Albania ou Serbia.


MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE. Año Europeo de Patrimonio Cultural 2018. [en liña] [consulta: 7 de marzo de 2018] Dispoñible en: https://www.mecd.gob.es/cultura/areas/patrimonio/mc/patrimonio-union-europea/a-europeo-patrimonio.html
O patrimonio cultural é tamén un recurso imprescindible para o noso futuro, dado o seu incuestionable valor educativo  e social, o seu considerable potencial económico, así como a súa importante dimensión en cooperación internacional.
Os obxectivos do Ano Europeo son fomentar o intercambio e a valoración do patrimonio cultural de Europa como un recurso compartido, sensibilizar acerca da historia e os valores comúns e reforzar un sentimento de pertenza a un espazo común europeo.


MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE. Nuestro patrimonio: donde el pasado se encuentra con el futuro [en líña] [consulta: 7 de marzo de 2018] Dispoñible en: http://www.mecd.gob.es/cultura/mc/a-europeo-patrimonio-cultural/presentacion.html
O patrimonio cultural europeo encóntrase, no so en disciplinas como a arte e a literatura, senón tamén en outros ámbitos como as técnicas artesanais, a gastronomía, a historia, a música e o cine.


MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE. El presidente del Gobierno presenta el Año Europeo del Patrimonio Cultural 2018 en España [en líña] [consulta: 7 de marzo de 2018] Dispoñible en: http://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2018/02/20180213-patri.html
“O presidente do goberno presenta o Ano Europeo do Patrimonio Cultural de 2018 en España” (13 febrero 2018). A iniciativa española, coordinada pola secretaría de Estado e de Cultura (incluidas xornadas, exposicións, congresos…), complementaranse con actividades de municipios e comunidades.
España é o terceiro país con maior número de bens inscritos na lista de Patrimonio mundial da UNESCO.


MUÑOZ COSME, Alfonso. La restauración del Pórtico de la Gloria en la Catedral de Santiago de Compostela.
Patrimonio cultural de España,
no. 6, pp.183-195.  [consulta: 28 de febreiro de 2018]. Dispoñible en: http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/cultura-mecd/areas-cultura/patrimonio/mc/patrimonioculturale/portada/PCE6_Revista.pdf
Nesta revista aparecen proxectos de investigación, conservación e restauración. En Santiago de Compostela dende o 2006 estase levando a cabo o Programa Catedral que trata a restauración do Pórtico da Gloria. Este convenio contempla una serie de actuacións nas obras máis emblemáticas do monumento.


UNESCO. Convención sobre la convención del patrimonio mundial, cultural y natural. Última actualización: 21 de noviembre de 1972.  [en línea]. [consulta: 1 de marzo de 2018]. Disponible en: https://es.unesco.org/themes/patrimonio-mundial
A Conferencia Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, na súa 17ª reunión celebrada en París do 17 de outubro ao 21 de novembro de 1972
aprobou unha convención internacional para a conservación, protección e mellora do patrimonio cultural e natural mundial.
Constataron que o patrimonio cultural e o patrimonio natural están cada vez máis ameazados de destrución, non só polas causas tradicionais de deterioro, se non tamén pola evolución da vida social e económica que as agrava con fenómenos de alteración ou de destrución inda máis temibles. Consideraron tamén que o deterioro ou a desaparición dun ben do patrimonio cultural e natural constitúe un empobrecemento nefasto do patrimonio de tódolos pobos do mundo.
A maiores, opinaron que a protección de dito patrimonio a escala nacional é, en moitos casos, incompleto, dada a magnitude dos medios que require e a insuficiencia dos recursos económicos, científicos e técnicos do país en cuxo territorio se atopa o ben que debe de ser protexido.
Tendo presente que a Constitución da UNESCO estipula que a Organización debe de axudar á conservación, progreso e difusión do saber, velando pola conservación e a protección do patrimonio universal, e recomendando aos interesados  as convención internacionais que sexan precisas para ese obxecto.
Ademais, tiveron en consideración que as convención, recomendacións e resolucións internacionais existentes en favor dos ben culturais e naturais, demostran a importancia que
ten para tódolos pobos do mundo, a conservación de ditos bens, únicos e irremprazables de calquera que sexa o país ao que pertenzan. Atendendo tamén a que certos bens do patrimonio cultural e natural presentan un interese excepcional que esixe que se conserven como elementos do patrimonio mundial da humanidade enteira.
Ante a amplitude e a gravidade dos novos perigos que os ameazan, incumbe á colectividade
internacional enteira participar na protección do patrimonio cultural e natural do valor universal excepcional prestando unha asistencia colectiva que sen reemplazar a acción do Estado interesado a complete eficazmente. Para iso é indispensable adoptar disposicións convencionais que establezan un sistema eficaz de protección colectiva do patrimonio cultural e natural de valor excepcional organizada dunha maneira permanente, e segundo métodos científicos e modernos.


UNESCO. Sitios de Angola, Eritrea y Sudáfrica ingresan en la Lista del Patrimonio Mundial de la UNESCO. Última actualización: 8 de julio de 2017. [en línea]. [consulta: 1 de marzo de 2018]. Disponible en: http://whc.unesco.org/en/list/.
Ademais de atender a toda esta serie de factores de gran relevancia para o patrimonio cultural e natural, o Comité do Patrimonio Mundial dedicouse a aumentar a Lista do Patrimonio Cultural Mundial. Reunido en Cracovia dende o 2 de xullo, inscribiu na súa sesión matinal do 8 de xullo tres sitios culturais de Angola, Eritrea e Suráfrica na Lista do Patrimonio Mundial. Angola e Eritrea conseguiron así, respectivamente, os seus primeiros sitos na Lista. En febreiro de 2018, o listado inclúe un total de 1 073 sitios (832 culturais, 206 naturais e  35 mixtos) de 167 Estados.


UNION EUROPEA. Año Europeo del Patrimonio Cultural
2018. [en líña] [consulta: 7 de marzo de 2018] Dispoñible en: https://europa.eu/cultural-heritage/european-year-cultural-heritage_es
O obxectivo do Ano Europeo do Patrimonio Cultural é animar a máis persoas a descubrir e comprometerse co patrimonio cultural europeo e a reforzar o sentimento de pertenza a un espazo europeo común. O lema do ano é: "Noso patrimonio: onde o pasado se encontra co futuro".
O ano traducirase nunha serie de iniciativas e eventos en toda Europa cuxo obxectivo é que os cidadáns se acerquen ao seu patrimonio cultural e se comprometan activamente con el.
O patrimonio cultural evoluciona a través do noso compromiso con el. Maniféstase de moitas maneiras e pode ser: material, inmaterial, natural e dixital.
Cada Estado membro nomeou un coordinador nacional para poñer en práctica o ano e coordinar os eventos e proxectos a escala local, rexional e nacional. O obxectivo é provocar un verdadeiro cambio na maneira na que disfrutamos, protexemos e promovemos o patrimonio, e garantir que o Ano Europeo beneficie aos cidadáns a largo prazo.



Comentarios

Entradas populares